Factores de discriminación de xénero na escola no contexto da globalización
Aprender en relación como práctica contra a violencia e os estereotipos
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2013.17.0.4090Palabras clave:
globalización, relación, violencia, estereotipos, sistema escolarResumo
O fortalecemento do proceso de globalización ten sido posible en confluencia co apoio do sistema educativo cando este asume unha posición na que a hexemonía patriarcal é a norma, e as actitudes e comportamentos considerados como femininos se devalúan. Nesta situación, o profesorado pode encarar as relacións que se desenvolven na aula como unha parte clave dun proceso educativo que fomenta o desenvolvemento das personas cara a autonomía e as prácticas colaboradoras, tanto no eido público como no ámbito privado. Co obxecto de desenvolver unha proposta de aprendizaxe en relación, dende as escolas ponse de relevo a necesidade dunha revisión crítica dos valores e actitudes que, como parte da sociedade, queremos que os centros educativos ensinen: reducir o nivel de violencia e eliminar os estereotipos de xénero. Estas propostas teñen por finalidade promover relacións equitativas entre mulleres e homes nun contexto de globalización.