Unha visión educativa a mediados do século XIX

O “Diccionario de educación y métodos de enseñanza” de Mariano Carderera

Autores/as

  • Antonio Prado Gómez Catedrático do IES Lucus Augusti

DOI:

https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4054

Palabras clave:

dicionario, disciplina, educación da muller, inspectores, maestro

Resumo

O Diccionario de educación y métodos de enseñanza de Mariano Carderera resulta ser unha obra de temática educativa fundamental para coñecer a situación do ensino español, ou mesmo europeo, a mediados do século XIX. A ampla formación persoal e profesional do autor, bo coñecedor das experiencias pedagóxicas do momento e home ben documentado sobre a situación do sector docente, permitiulle elaborar unha obra básica para entender a situación do ensino no momento en que a describe, aínda que deban recoñecerse nela bastantes presupostos tradicionais, e mesmo reaccionarios nalgúns casos, como nas súas consideracións sobre as posibilidades educativas da muller. Preténdese aquí facer un percorrido polos contidos máis significativos dos catro volumes de que consta a obra, nos cales non faltan referencias a asuntos como diversos aspectos de historia da educación, a disciplina dos alumnos, a condición dos mestres, a distribución do tempo e do traballo na escola ou as estratexias pedagóxicas que cómpre desenvolver no ámbito educativo

##plugins.themes.default.displayStats.downloads##

##plugins.themes.default.displayStats.noStats##

Descargas

Publicada

2015-10-11

Número

Sección

Miscelánea

Cómo citar

Unha visión educativa a mediados do século XIX: O “Diccionario de educación y métodos de enseñanza” de Mariano Carderera. (2015). Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, 18, 195-223. https://doi.org/10.17979/srgphe.2015.18-19.0.4054

Artigos similares

1-10 de 255

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.