Contenido principal del artículo

Lucía Casal-de-la-Fuente
Universidade de Santiago de Compostela Departamento de Didáctica e Organización Escolar Escola de Música Alfaia * Escola de Música A Casa do Rock
España
Biografía
Vol. Extr., núm. 04 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 4: EDUCACIÓN, DESARROLLO Y EXPRESIONES ARTÍSTICAS, Páginas 044-048
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.04.472
Recibido: may. 19, 2015 Aceptado: ago. 11, 2015 Publicado: oct. 21, 2015
Cómo citar

Resumen

Un equipo de investigación que reúne persoal da Università degli Studi di Milano-Bicocca e da Università Cattolica del Sacro Cuore-Milano, xunto con tres compañías de teatro (Alma Rose, Teatro del Buratto e La Fucina) desenvolveron o proxecto de investigación “Milano – Infanzia e Linguaggi Teatrali”, escollendo como escena principal escolas infantís de tres zonas diferenciadas do Comune di Milano, que colaborou co financiamento. Coa convicción de que o teatro ten unha función transformativa na escola e coa vontade de indagar na linguaxe teatral como medio de comunicación na relación profesorado-alumnado, este proxecto pretende, en primeiro lugar, delinear propostas para promover a formación activa dos educadores e ensinantes de escolas infantís sobre a linguaxe teatral e valores educativos, e así formar profesionais capaces de utilizar o potencial pedagóxico do teatro tanto na didáctica habitual como na realización de obradoiros que teñan que ver directamente co teatro. En segundo lugar, trata de fomentar o achegamento ao teatro a nenas e nenos como oportunidade de encontro con dimensións culturais menos usuais. Polo tanto, o proxecto navega nunha dimensión tridimensional: inclúe investigación de campo, formación e acción teatral -performance-; (investigación-formación-acción). Froito dunha estancia predoutoral no Dipartimento di Scienze Umane per la Formazione da Università degli Studi di Milano-Bicocca como investigadora en formación invitada, seguín moi de cerca a preparación do primeiro encontro aberto, dirixido neste caso a profesorado, sobre o status quo da investigación. O obxecto desta comunicación é detallar as fases de preparación deste encontro divididas en: dúas reunións, o encontro en si e unhas notas de mellora que como observadora participante na acción detectei. Así, na primeira reunión entre o persoal implicado detallouse o estado da investigación e das sesións de intervención nos centros: salientouse a participación das familias nos proxectos das escolas implicadas e atalláronse as dificultades atopadas no desenvolvemento, achegando posibles solucións. Na segunda reunión precisouse o encontro: recursos, organización... o discurso tamén se centrou no blog do proxecto: a súa mellora e reconsideración, por ser o instrumento máis visible de seguimento do proxecto. Sobre o día do acto para o profesorado, defínense as etapas de preparación e decorado, baixo unha filosofía social que invita á participación do público asistente. O decorrer do acto do status quo do proxecto seguiu unha liña moi teatral, de acordo coa natureza deste, o que fixo da longa presentación unha entretida tarde, pero non por elo perdeu seriedade. En definitiva, nesta comunicación faise fincapé na importancia da implicación de todos os axentes educativos nun proxecto deste calibre tratando tamén de chamar a atención en intentar rachar o estereotipo que temos inculcado de formalidade á hora de realizar presentacións académicas en público: a calidade das mesmas non ten por que minguar se as facemos máis amenas recorrendo ao teatro ou a calquera outro tipo de arte que permita cumprir o obxectivo e chegar ao público, que é do que se trata.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo