Contido principal do artigo

Neves Arza
Universidade da Coruña
Espanha
María Mar Rodríguez
Facultade de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña.
Espanha
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Psicopedagogia. Área 11: NECESSIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, Páxinas 113-116
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.1159
Recibido: jul. 12, 2015 Aceito: ago. 25, 2015 Publicado: dez. 11, 2015
Como Citar

Resumo

Nesta comunicación analizase o sistema de orientación na educación infantil e primaria en Galicia partindo dos motivos que están na orixe,  dos seus trazos diferenciais, caracterízase  o proceso de implantación e a súa evolución. Os datos proceden dunhna investigación que, usando entrevistas a expertos,  tivo acceso a testemuña dos responsables políticos que tomaron decisións sobre o deseño,   posta en marcha e evolución do sistema de orientación. Os resultados  evidencian  que  o motivo principal  que explica a proposta  é    a promoción dunha orientación esencialmente educativa,    preventiva e integrada na actividade do centro  para o que era imprescindible a creación de servizos internos de orientación. O proceso de implantación da rede de servizos  foi demorada e precaria, o que se   manifestou na  tardanza en completar a rede de servizos de orientación, na  desproporcionada ratio de centros e alumnado por departamento de orientación e na  adscricion ós departamentos de orietnación dos centros de secundaria de centros de  infantil e primaria. A partir de  2008  creanse os departamentos de orientación compartidos, o que supuxo un notable incremento do número de departamentos de orientación  nos centros. Nos últimos anos,  a política de axuste presupuestario en materia de educación e asuntos sociais está a influir negativamente en condiciones chaves para a realización axeitada da orientación, poñendo en entredito as potencialidades do modelo orixinal.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Detalles do artigo