Contenido principal del artículo

Beatriz López
Asociación DISMACOR
España
Biografía
Berta Fraga
Vol. Extr., núm. 11 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 11: NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIALES, Páginas 012-014
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.209
Recibido: abr. 28, 2015 Aceptado: ago. 19, 2015 Publicado: dic. 11, 2015
Cómo citar

Resumen

A sensibilidade musical é un trazo innato que implica numerosas rexións cerebrais na percepción dos estímulos musicais e a súa elaboración nas emocións que provoca. Á vez a música é integradora en todos os seus aspectos: engloba todos os sentidos, aúna corpo e mente, e fusiona o interior da persoa coa súa contorna. Por iso é a música un instrumento idóneo para proporcionar un ambiente rico e controlado en estímulos, achegando unha experiencia sensorial que favorece o desenvolvemento emocional, psíquico, fisiolóxico e social equilibrado. No caso das persoas con diversidade funcional axuda a fortalecer as súas potencialidades e suplir as posibles carencias empregándose como instrumento que motiva e dinamiza, creando un ambiente de seguridade e confianza que posibilita o desenvolvemento persoal completo e pleno. Desde a Asociación DISMACOR se aposta pola tarefa de educar ás persoas con diversidade funcional no mundo no que viven e ao que teñen que adaptarse; tendo en conta que das posibilidades que teñan e as que lles proporcione a sociedade, dependerá a súa inclusión e o seu desenvolvemento como persoas autónomas e independentes. No presente traballo selecciónase unha mostra de nenos e nenas con diversidade funcional intelectual que presenta carencias en relación coa socialización e comunicación, áreas onde a Musicoterapia actúa de forma especial. Algúns dos obxectivos do traballo son: Mellorar as relacións interpersoais, compensar os problemas de incomunicación, desenvolver as facultades psicomotoras , autoestima, a creatividade... Elaboramos un cuestionario de satisfacción ad hoc para as familias participantes como indicador para a súa avaluación, que consta de 18 preguntas. O cuestionario entregase aos familiares/cuidadores ao finalizar o programa. Ademáis empregase a Historia Musical e un Rexistro de condutas observadas (musicais, sociais, comunicativas, afectivas, cognitivas e motoras). Emprégase un programa de intervención grupal mediante o que se traballan aqueles aspectos onde se detectan maiores necesidades de apoio, para efectuar posteriormente unha avaliación final da mostra. Con este programa producen melloras na calidade de vida deste grupo proporcionándolles apoios que lles permitan potenciar as súas habilidades comunicativas, sociais... nun ambiente que propicia a normalización e estimulación de condutas autodeterminadas. Os resultados mostran como este tipo de intervencións melloran a comunicación e desenvolvemento xeral das persoas con diversidade funcional participantes. Pódese concluir dicindo que este tipo de metodoloxía permiten unha aprendizaxe funcional moito mais áxil e significativa nunha contorna menos estructurada e máis motivante.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo