Contenido principal del artículo

  • Silvia López
Silvia López
España
Vol. Extr., núm. 13 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 13: TECNOLOGÍAS Y COMUNICACIÓN EDUCATIVA, Páginas 015-018
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.13.214
Recibido: abr. 28, 2015 Aceptado: ago. 20, 2015 Publicado: dic. 15, 2015
Cómo citar

Resumen

Na comunicación presentaranse parte dos resultados dunha tese doutoral iniciada no curso académico 2013/2014 dentro do Programa de Doutoramento en Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Céntrase na investigación didáctica de videoxogos desenvolvidos integramente en Galicia, co obxectivo de compilalos e obter información concreta das súas características técnicas e pedagóxicas. Os videoxogos son potentes ferramentas educativas que levan inscritos os valores da sociedade que os xera, e que aos poucos, vanse introducindo nas aulas como medios de apoio nas actividades de ensino – aprendizaxe. Sumado a isto, non debemos esquecer que os videoxogos adquiriron a categoría de cultura en España no 2009 e que como xogos que son, teñen ademais un gran valor social. Forman parte do noso patrimonio lúdico e cultural. En Galicia creáronse os primeiros xogos dixitais fai máis de 20 anos. Bótanse en falta espazos dedicados á recuperación, estudo e divulgación dos existentes, como veñen facendo noutros países e comunidades, algún exemplo témolo no País Vasco coa creación do proxecto “Minimap” onde se recopila, dáse acceso e visibilidade á produción de videoxogos vascos. É polo tanto un dos obxectivos principais deste traballo: identificar o número e tipoloxía de videoxogos creados até o momento dende as empresas de software e editoriais galegas, co fin de realizar unha ficha pedagóxica de cada un deles na que se describa os contidos que se transmiten e as habilidades que se desenvolven, para así difundilas a través de internet. Con isto preténdese achegar ás familias e centros educativos información e asesoramento sobre estes xogos, contribuíndo á mellora da práctica docente en canto a utilización destes medios nas aulas. Ademais de recopilar e difundir o patrimonio lúdico dixital galego. Tendo en mente estas finalidades, a investigación estrutúrase nas seguintes etapas: identificación e posta en contacto coas empresas galegas, asociacións e institucións creadoras de videoxogos; elaboración dunha ficha de catalogación e descrición dos videoxogos dende un punto de vista pedagóxico; aplicación da ficha a todos os videoxogos recopilados e creación do primeiro catálogo de videoxogos elaborados en Galicia, chamado: Observatorio dos videoxogos galegos. Na comunicación describiranse os videoxogos recadados tomando de base a ficha deseñada para tal efecto, presentando á vez a proposta de catálogo ou portal educativo que conterá a descrición e análise pedagóxico dos xogos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo