Perfil profesional das mulleres no sector financeiro de Galicia
Contenido principal del artículo
Vol. Extr., núm. 03 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 3: DESARROLLO VOCACIONAL Y CARRERA, Páginas 040-043
Recibido: may. 4, 2015
Aceptado: ago. 10, 2015
Publicado: oct. 21, 2015
Resumen
O papel social desenvolvido polas mulleres na sociedade actual é ben distinto ao protagonizado en tempos pasados (Echebarría e Larrañaga, 2004). O seu acceso á educación conseguiuse de forma xeneralizada e a súa participación no mercado de traballo aumentou de xeito significativo nas últimas décadas. Sen embargo, o ámbito laboral segue a caracterizarse por un importante androcentrismo (Barberá, 2000) e por manter unha estrutura xerárquica característica das relacións de xénero das sociedades patriarcais. A igualdade de oportunidades entre os sexos quedou legalmente establecida, pero persiste a desigualdade de condicións, marcada polos costumes sociais e culturais, desigualdades que afectan principalmente aos roles que mulleres e homes elixen na profesión e na familia, e á posición que unhas e outros ocupan dentro dunha mesma organización, en relación co poder (Osca e López-Sáez, 2003). Estes aspectos centran a investigación, que abordou, sobre todo, a masculinización dos postos de dirección como un síntoma máis da discriminación que sofren as mulleres na súa traxectoria profesional. O estudo descritivo realizado permite coñecer a situación real das mulleres dentro do sector financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia. A mostra obxecto de estudo estivo formada por 979 empregadas/os de banca (39% mulleres e 61% homes), dun total de 226 oficinas bancarias situadas en Galicia. Ademais da posición das mulleres dentro da organización realizouse unha definición do seu perfil a través dunha análise de variables persoais (idade, nivel de estudos, ...) e profesionais (cargo, categoría, antigüidade, número de persoas que dirixe, ...). Tras a análise da información recollida pódese concluír que as mulleres e os homes comparten un mesmo espazo laboral, pero non o fan de forma equitativa: das 226 oficinas analizadas só o 15% están xestionadas por mulleres fronte ao 85% dirixidas por homes, ademais as mulleres necesitan maior formación e máis tempo que os homes para alcanzar un posto de responsabilidade.
Descargas
Los datos de descargas todavía no están disponibles.