Contenido principal del artículo

Noemí Giráldez
Facultad de Ciencias de la Educación
España
Encarnación Sueiro
Servicio Galego de Saúde Universidade de Vigo
España
Biografía
Vol. Extr., núm. 05 (2015) - XIII CIG-PP, XIII Congreso Internacional G-P de Psicopedagogía. Área 5: FAMILIA, ESCUELA Y COMUNIDAD, Páginas 057-061
DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.05.190
Recibido: abr. 27, 2015 Aceptado: ago. 12, 2015 Publicado: oct. 21, 2015
Cómo citar

Resumen

Non se pode negar que o amor ocupa un lugar fundamental na vida das persoas, podendo ser fonte de satisfacción e felicidade ou de insatisfacción e desdita. Resulta difícil ofrecer un significado do amor válido para todos/as, posto que é ao mesmo tempo un sentimento universal e unha construción social, na que interveñen múltiples dimensións: histórica, biolóxica, socio-cultural e individual. Na sociedade occidental prevalece o concepto de Amor Romántico, vinculado a unha serie de Mitos, disfuncións e paradoxos que xeran un modelo normativo de ser parella inalcanzable e imposible. A investigación céntrase nos Mitos, concretamente nos seguintes: do emparellamento, da perdurabilidade ou paixón eterna, da exclusividade, da fidelidade, da equivalencia, da omnipotencia, da media laranxa, do matrimonio e dos celos. A crenza nestes Mitos pode dar lugar ao establecemento de relacións negativas e tóxicas e xerar problemas na saúde psicosocial das persoas, sendo fonte de insatisfacción e infelicidade por teren que enfrontarse continuamente a imposicións contraditorias, entre elas e coa propia natureza do ser humano, imposibles de acadar. As consecuencias poden ir dende o desasosego persoal, o desenvolvemento de sentimentos de frustración e decepción ata a discusións e problemas na parella, máis ou menos intensas. Agora ben, tamén pode chegar a extremos máis dramáticos, dando lugar a dependencia emocional, desigualdade dentro da parella, violencia, etc. Dadas as evidencias da importancia do amor na vida das persoas, xustifícase o interese científico-profesional do estudo. Partindo de que o colectivo de profesionais do Traballo Social debe ser especialmente sensible ás estruturas sociais subxacentes, realizouse unha investigación cuxo propósito foi indagar sobre o Nivel de Aceptación dos Mitos do Amor Romántico por parte do alumnado do Grao en Traballo Social da Universidade de Vigo e a súa relación con diferentes variables (Sociodemográficas, coa existencia de Relación de Parella e coa Autoestima), para o cal utilizouse un Cuestionario estruturado que foi aplicado a 103 suxeitos, e cuxas respostas foron analizadas co SPSS/19. Os resultados indican unha importante aceptación dos Mitos do Emparellamento e a Fidelidade, que acadan porcentaxes en torno ao 70 e 60%, respectivamente; e un rexeitamento elevado do Mito dos Celos, da Perdurabilidade e da Exclusividade, co 75, 67 e o 53%, respectivamente. Atopáronse diferenzas significativas (p<.05) en relación a algúns Mitos e ás variables Sexo e Curso. Ponse de manifesto a necesidade de realizar unha intervención cuxo obxectivo sexa evitar as consecuencias que se derivan da Aceptación dos Mitos do Amor Romántico, para o cal se propón a realización dunha deconstrución dos mesmos que permita camiñar cara novas formas de entender a parella na que os roles muller-home non estean preestablecidos pola sociedade, na que non existan diferenzas de poder dentro da relación.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Detalles del artículo